viernes, 15 de diciembre de 2017

Quedada antes do Nadal

Derradeira reunión do ano antes de dar as vacacións do Nadal!

O pasado luns quedamos en repartirnos en dous grupos. O grupo 1 tratou a obra de Marilar Aleixandre Cabeza de medusa mentres que o grupo 2 dedicouse a El misterio de la mujer vampiro de Homero Polar.

A pesar de que faltou moita xente debido aos exames finais, tivemos uns grupiño xeitoso e pasamos moi bos ratos. Xogando aos cuestionarios do Kahoot! e debatindo sobre os diversos temas que nos ofreceron as lecturas.

Temos que darlle as grazas a Iria, do departamento de Lingua galega e literatura pola sua axuda levando a sesión do grupo 1 con Cabeza de medusa.

Recordade, a próxima sesión faremola o luns 15 de xaneiro! Pasade unhas felices festas!

martes, 21 de noviembre de 2017

Reunión do pasado 13/11/17

Adxuntamos unha fotografía da semana pasada cando fixemos a primeira reunión oficial do club! Compartimos as impresións de Rapazas de Agustín Fernández Paz, de Europa Express de Andrea Maceiras e de E Xoel aprendeu a voar de Marica Campo.

Lembrade, o próximo día 11 de decembro faremos actividades relacionadas con A cabeza de Medusa de Marilar Aleixandre e con El misterio de la mujer vampiro de Homero Polar.


lunes, 30 de octubre de 2017

jueves, 26 de octubre de 2017

Recordatorio entrega autorización LUNS 30/10/2017

Boas!

Lembrade que o vindeiro luns día 30 ás 16:30 deberedes entregarlle a Susana ou a Daniel a autorización firmada para poder participar no club de lectura!

viernes, 20 de octubre de 2017

Reunión o mércores 25 de outubro!

Bos días! Creamos esta entrada para informarvos de que o próximo mércores día 25 de outubro teremos unha reunión na Bibliotrega.

*As persoas que conforman os grupos 1, 2, 3 e 4 deberán vir durante o primeiro recreo.

*As persoas que conforman os grupos 5, 6, 7, 8 e 9 deberán vir durante o segundo recreo.

Para saberdes en que grupo estades, consultadeo nos carteis do centro.

Esperámosvos!











lunes, 2 de octubre de 2017

Estamos de volta!

Xa comezou o curso 2017/18 e volve o club de lectura "Na raia" con varias novidades! Unha delas é que estreamos conta en Instagram: @lectoresnaraia https://www.instagram.com/p/BZv5UlxHFoH/?hl=es&taken-by=lectoresnaraia

Lembrade, teremos a primeira reunión este mércores día 4 na Bibliotrega durante o segundo recreo! Animádevos!


miércoles, 21 de junio de 2017

Chegou o verán! Ata setembro!


Para rematar a nosa viaxe lectora deste curso, hoxe 21 de xuño recibimos aos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria do CEIP A Sangriña. Os lectores e lectoras na raia contámoslles o que fixemos durante o curso, os libros que limos, as actividades que compartimos, o noso paso polas Xornadas de Clubs de Lectura...

Os nosos futuros compañeiros e compañeiras escoitáronnos con atención e tamén nos falaron dalgunhas das súas lecturas deste ano, recomendándonos obras como por exemplo Dúas bágoas por Máquina, de Fina Casalderrey.
Gustounos moito compartir ese ratiño con eles, e parece que moitos e moitas xa están dispostos a convertirse en "lectores e lectoras na raia" o próximo curso.
Vémonos en setembro. Dende o club de lectura "Na raia" desexámosvos a todos e todas un fantástico verán cheo de boas lecturas!!!

domingo, 18 de junio de 2017

X XORNADAS DOS CLUBS DE LECTURA. SOMÉRXETE!!!

O sábado 17 de xuño preto dun milleiro de lectores e lectoras dos clubs de lectura de toda Galicia reunímonos no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela para participar nunha xornada de convivencia e formación celebrando que levamos 10 anos de clubs de lectura nos centros de ensino de Galicia.
Os lectores e lectoras "Na raia non quixemos faltar a esta cita e ás 7:00 da mañá estabamos saíndo da Guarda para dirixirnos a Compostela.







Gozamos dunha estupenda xornada, con charlas e obradoiros da man de profesionais da lectura como Ledicia Costas, Xosé Tomás, Fran Alonso, Miguelanxo Prado (Premio Clubs de Lectura deste ano), Rosa Aneiros, Andrea Maceiras, Antón Riveiro Coello, César Mallorquí, e un longo etc.
Houbo obradoiros de banda deseñada, grafitti, dobraxe, radio, encontros con autores, charlas, quedadas entre clubs...
Entre obradoiros puidemos admirar aos artistas de Pista Catro, profesionais do circo e o cabaret que nos deixaron abraiados coas súas actuacións.
Tomamos un xantar ao aire libre grazas a unha chea de food trucks instaladas no exterior do Pazo, e pechamos a xornada cun concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitres que nos levantaron a todos dos nosos asentos.
Foi, certamente, unha xornada insquecíbel!!! Non podemos máis que agradecerlle á Asesoría de Bibliotecas Escolares a súa invitación, felicitalos pola organización e animalos a que sigan a organizar eventos como este, porque como quedou demostrado, os amantes dos libros e a lectura somos milleiros.

martes, 13 de junio de 2017

Lecturas para o verán

Os membros do club de lectura "Na raia" seguiremos a ler no verán, e aquí vos deixamos algunhas suxerencias por se algún de vós se anima. Case todos os títulos os podedes atopar na Bibliotrega. Coidado, ler"engancha"! 😜


lunes, 5 de junio de 2017

O curso vaise.

Última reunión dos lectores na raia (alomenos oficial, porque algo andamos argallando  e seguramente nos encontremos nalgún recreo), e que menos que despedirnos cun bo xantar compartido. Para celebrar o ben que o pasamos neste curso no Club de Lectura "Na raia" decidimos xantar todos e todas xuntos na cafetería da Sangriña, e abofé que pasamos un bo rato.

Despois de xantar subimos á Bibliotrega para comentar a nosa derradeira lectura do curso, El coleccionista de relojes extraordinarios, de Laura Gallego. En xeral esta novela fantástica tivo unha boa acollida, aínda que houbo quen tivo que comezar dúas veces porque se perdía un pouco nos misterios da cidade oculta. Pero nada que un bo reloxo-porta e unha relectura non poida solucionar.

Tamén falamos do que para nós é a gran noticia do curso: convidados pola Asesoría de Bibliotecas Escolares imos asistir ás X Xornadas dos Clubs de Lectura, no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, o vindeiro 17 de xuño. Alí imos ter a sorte de participar en obradoiros de dobraxe, grafitti, teatro, lectura, comic, manga....; actuacións en directo; encontros con autores como Rosa Aneiros, Ledicia Costas, Miguelanxo Prado, César Mallorquí... Xa vos daremos cumprida conta de todo o que imos desfrutar alí.
E así, sen decatarnos, pasaron unha chea de meses e de boas lecturas. Estamos desexando que chegue setembro para incarlle o dente á seguinte obra. 
E vós? Queredes ser lectores na raia no próximo curso? Permanecede atentos, teredes novas...

miércoles, 17 de mayo de 2017

Día das Letras Galegas e pequenos grandes plans para o mes que nos queda.

O luns 15 de maio os lectores e lectoras na raia reunímonos na Bibliotrega para falarmos de como vai a nosa lectura de El coleccionista de relojes extraordinarios, que parece que está a ser un éxito, e dalgunhas cousiñas grandes e pequenas que estamos argallando para o próximo mes de xuño e que desvelaremos en canto as aseguremos.
Ademais, aproveitando que faltaban dous días para a celebración do Día das Letras Galegos, fixemos un pequeno mural fotográfico sobre Carlos Casares e a súa obra. Pasamos un bo rato e aprendemos algunha cousiña sobre o autor ourensán.


viernes, 5 de mayo de 2017

Vaiche boa!

O luns 24 de abril os lectores e lectoras "Na raia" reunímonos para falar da nosa última lectura, a compilación de relatos humorísticos do autor australiano Paul Jennings, publicada en galego por Galaxia Vaiche boa!
En xeral o libro tivo unha boa acollida no club, apetecía ler algo de humor e o certo é que os contos de Jennings non andan faltos del. Non houbo acordo sobre cal foi a mellor das historias: que se a do esquelete no baño, que se a da crema de bosta de vaca, a historia dos ósos misteriosos... Animávosvos a lelo e decidir por vós mesmos.





Ao saber que a editorial Galaxia ten outro libro de relatos do mesmo autor, algúns dos membros do club propuxeron mercalo para a Bibliotrega, e xa están dous exemplares a disposición de todos e todas vós. O libro titúlase Que desfeita!, e parece que tamén asegura botar unhas boas risas.





Por último, decidimos a que será a nosa próxima lectura. A votación estivo moi disputada, pero finalmente a obra gañadora foi a novela xuvenil de misterio El coleccionista de relojes extraordinarios, da autora valenciana Laura Gallego, autora de historias coma a triloxía de Memorias de Idhun ou novelas coma Donde los árboles cantan, La leyenda del rey errante, La emperatriz de los etéreos, etc. Esperamos que esta novela nos guste a todos e todas os que formamos o club de lectura "Na raia".



A segunda obra máis votada foi Coraline, de
Neil Gaiman. Coma non tiñamos ningún exemplar na Bibliotrega os lectores e lectoras "Na raia" decidiron utilizar os fondos dos que dispón o club para mercar dous exemplares da novela e un da película de animación que se fixo sobre esta historia de terror. Estarán a disposición de todos e todas na biblioteca.



martes, 21 de marzo de 2017

Encontro coas historias de Ana Alcolea

Onte, 20 de marzo, os lectores "na raia" reunímonos para falar das dúas obras de Ana Alcolea que limos: El medallón perdido e El retrato de Carlota. Comezamos na Bibliotrega falando sobre os libros e compartindo unha sobremesa de biscoito de chocolate caseiro, e logo trasladámonos á aula de informática para repasar os libros dunha forma algo distinta: un pequeno concurso na rede sobre as dúas historias. Botamos unhas risas e compartimos o que sabiamos sobre as novelas. Pasamos un rato ben bo con dúas novelas que, en xeral, todos desfrutamos moitos: aventuras, amizade, amor, viaxes... Dous libros ben completiños.


No noso próximo encontro compartiremos impresións sobre a lectura que estamos a facer agora mesmo: Vaiche boa! de Paul Jennings. Algúns dos membros do club xa comezaron a meterlle o dente, e parece que vai ser todo un éxito!!

sábado, 18 de marzo de 2017

Estamos de volta


Resultado de imagen de el medallon perdido el retrato de carlota portadasResultado de imagen de el medallon perdido el retrato de carlota portadas

Boas, lectores "na raia".
Tras un pequeno paréntese por causa de forza maior, este próximo luns 20 de febreiro reunirémonos para falar sobre os libros que temos pendentes, porque non houbo reunións estes dous meses, pero si que continuamos lendo. Encontrarémonos con Ana Alcolea e as súas obras El retrato de Carlota e El medallón perdido. Preparádevos, vai ser un encontro con sorpresiñas...

martes, 7 de febrero de 2017

Novo ano, novas lecturas

As vacacións remataron e os lectores na raia aproveitámolas para darlle fin á nosa lectura pendiente: Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Estas son algunhas das palabras que, segundo os nosos lectores e lectores resumirían a súa impresión sobre a novela:

Terror, misterio, sangue, inquedanza, 
arrepíos, monstro, medo, amizade.....

En xeral a historia gustounos a todos e todas, aínda que houbo quen se perdeu un chisco nalgún momento, pero entre todos deixamos claras as dúbidas. Houbo unha opinión que todos compartimos: o recurso do gravado e os seus misteriosos cambios paraceunos todo un acerto, ben aterrador sen dúbida. No que tamén estiveron de acordo a maioría dos xoves lectores/as foi en que eles non terían esperado tanto para abrir o sobre do inicio, e menos despois da carta que acompañaba!!



Tamén aproveitamos a xuntanza para botarlle un ollo á versión en banda deseñada que fixeron da historia o propio Fernández Paz e Miguelanxo Prado, e algún membro do clube ten a intención de lela.













Por último, fixémonos co noso exemplar da que será a nosa próxima lectura. Aproveitando que Ana Alcolea visita o noso centro, imos ler unha das súas novelas, a escoller entre El retrato de Carlota e El medallón perdido. Non conseguimos poñernos todos e todas de acordo! Agardamos que esta nosa próxima lectura sexa do agrado de todos os lectores e lectoras na raia.