O pasado luns 14 de novembro o club de lectura
Na raia reuniuse para comentar a primeira lectura conxunta: A mansión dos Pampín, de Miguelanxo Prado. A verdade é que a historia non foi moi do gusto dos nosos lectores e lectoras. Velaquí tendes algúns dos seus comentarios ao respecto:

-
"Principio gracioso, final soso". Iria.
-
"Empeza ben pero vai perdendo forza". Elsa.
-
Inicio algo entretido e final aburrido e pouco tráxico". Mauro.
-
" O alcalde e o constructor deberían recibir algún escarmento". Ainhoa.
-
"Gustoume na 3ª lectura, pois foi entón cando o entendín realmente". Carmen María.
Mauro, ademais, propúxonos un final alternativo, no que os Pampín tentarían vender a casa a un descoñecido, que os engana e fai que acaben no cárcere. O pai morre, a nai tolea e a filla escribe a historia e logo suicídase. Xa vedes que os nosos lectores na rai danlle moito ao maxín.

Por outra banda, os rapaces e rapazas recibiron cadanseu exemplar da que será a nosa próxima lectura, escollida por eles mesmos no encontro anterior, e que non é outra que
Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Comezamos a ler xuntos as primeiras páxinas e todos estamos de acordo en que a cousa promete. Xa vos iremos contando! E lembrade, aínda estades a tempo de incorporarvos ao noso grupiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario